Martes. 19.03.2024
El tiempo

"Os Concellos necesitamos información sobre os protocolos para os campamentos, festas e mercados"

Reunion da alcaldesa de Vimianzo coa FEGAMP
Reunion da alcaldesa de Vimianzo coa FEGAMP
"Os Concellos necesitamos información sobre os protocolos para os campamentos, festas e mercados"

Este mércores, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantivo unha reunión coa comisión da FEGAMP celebrada de xeito telemático, na que puido trasladar as súas preocupacións para mellorar servizos esenciais no municipio.

Entre os temas que están na axenda da rexedora vimiancesa, fíxose especial fincapé nos campamentos de verán para a posibilidade de establecer a conciliación, así como o servizo de guardería, as festas populares e os mercados ao aire libre que se celebran cada xoves en Vimianzo, e para o que xa se pediron protocolos de actuación.

"Necesitabamos os protocolos e as instrucións para poñer en marcha a Escola Infantil, pero tamén nos campamentos de verán unha vez que xa non hai curso escolar. A día de hoxe non coñecemos as instrucións da Xunta. A maioría dos alcaldes estamos na mesma situación, e dende a FEGAMP están facendo presión para mellorar esta situación", explica Mónica.

Sobre o mercado do xoves, "estase reabrindo pero no contorno do Centro de Saúde e a Casa da Cultura, para ter máis superficie e manter o 100% dos postos que levan vindo moitos anos. Os postos tanto de agro como de textil están vindo paulatinamente".

Un novo horizonte está preto de chegar, que é esa ‘nova normalidade’ á que aluden as autoridades competentes en materia de sanidade.

Adhesión dun convenio coa Aula CeMIT

Ademais, desde o Concello de Vimianzo asinou hoxe un convenio coa Aula CeMIT para poder realizar os exames de universidade neste espazo, polo que Mónica Rodríguez tamén está establecendo contacto co sector educativo e poder empregar este espazo para as probas de titulación universitaria oficial.

A alcaldesa de Vimianzo destaca a “celeridade coa que debemos tramitar as accións que marquen o noso futuro máis inmediato”, na que salienta que “hai que sumarlle a esta fórmula moita prudencia, xa que todavía non estamos libres do virus e hai que ter cautela”, destacou.

Novas relacionadas

Comentarios