Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Vimianzo prepárase para a gran Revolta Irmandiña

Vimianzo prepárase para a gran Revolta Irmandiña
Vimianzo xa esta engalanada de seculo XV-Foto-Alba Mancebo

Se onte abríase a veda dos Pinchos irmandiños, hoxe xa andará a Santa Compaña Irmandiña pupulando por Vimianzo adiante. I é que xa estamos en plena Semana do XVIII Asalto ao Castelo de Vimianzo, e a revolta irmandiña está a piques de caer. A gran cita será o sábado, pero durante estes días as numerosas actividades servirán para enchela capital soneirá de vida, enclavada, iso si, no século XV.

I é que a revolta chega moi completa, con diversidade de actividades. O punto forte será sen dúbida a representación teatral que este ano chámase "A Orixe", e contará como protagonistas aos Juan Rama (o arzobispo do ao pasado), Irene (a famosa bufona de hai dúas edicións) e Andrea (a moza de Camelle que canta como os anxos coma demostrara no propio Luar). Ademais, atentos ao exército de defensores, que este ano conta cun par de tenientes moi duras...

Exercito de defensores do Castelo de Vimianzo-Foto-Ghillermo Mendez Asalto ao Castelo Vimianzo 2013 Cartel

Pero ollo, que o programa musical ten moito que dicir. Abrirá a festa nada menos que Luar na Lubre, ás 22:30h, coa nova e impresionante voz de Paula Rey. A histórica banda, probablemente a meirande embaixadora cultural do noso país, repasará o seu novo disco, Mar Maior, e de seguro que trae moitas cancións da tradición galega. Á media noite comezará a representación que acabará no foxo do Castelo cunha escenografía impresionante, loita de globos de auga... contando ademais este ano tamén cunha pantalla xigante ao carón do foxo. Será case unha hora de representación, a verdadeira actividade que fai tan singular esta festa.

E de aí, cando o Ariete derrube o Castelo poñendo o broche de ouro á revolta irmandiña, volta ao campo da festa a disfrutar da música festexeira de Los Fulanos, Le Magnifique Bande dos Homes sen Medo e Residuos Atractivas. A música non parará ata ben tarde!!


O ariete culmirara a revolta irmandina do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Moitas actividades paralelas

Imaxe da Feira Artesanal do Asalto ao Castelo

- I Concurso de Fachadas: A decoración da vila é fundamental nestes días, mais con este concurso seguro que moitos han de esforzarse un pouco máis na actividade.

- II Feira Artesanal: numerosos postos de artesanía da zona e de toda Galicia engalaran a praza do Concello con toda clase de tesouros.

- VI Pinchos Irmandiños: xa dende o mércores e ata o sábado, 17 bares terán en marcha os seus Pinchos Irmandiños, feitos con ingredientes de antano.

- Cea Medieval: como sempre, as entradas xa están agotadas dende hai tempo, i é que a gran festa da familia irmandiña ten lugar no foxo do castelo un día antes da festa!.

- O Asaltiño: Un gran toque de simpatía foi dado polo xoven presentador do evento infantil máis importante do Asalto: o Asaltiño. Guille del Moral incitou aos asistentes da gala ao acto revolucionario na tarde do sábado cos xóvenes irmandiños.

Os pequenos disfrutarán un ano máis do seu Asaltiño

Ademais, a tarde do sábado estará amenizada por Baile Galego, Obradoiros Infantís, clown Rudi Dudi, Circuíto Musical, a Poxa de Escravos, a Mostra de Artesanía do Castelo de Vimianzo amenizada ademais polo espectáculo teatral dos Quinquilláns, e o pistoletazo de saída, o Izado da Bandeira Irmandiña ás 19h do sábado na praza, un dos actos máis revolucionarios da fin de semana.

Pois o dito, nós non imos perder esta festa...

Máis información

Novas relacionadas

Novas festivaleiras

Fonte

Comentarios