Venres. 13.12.2019
El tiempo

Vimianzo promociona o castelo cunha oferta para veciños e visitantes

Vimianzo promociona o castelo cunha oferta para veciños e visitantes
Todos os sábados do meses de xullo e agosto levaranse a cabo visitas guiadas por distintos puntos de Vimianzo co fin de dar a coñecer a patrimonio cultural e paixasístico do concello. As actividades comezan mañá, 12 de xullo, cunha ruta urbana polo Val de Vimianzo na que os participantes descubrirán o patrimonio cultural e histórico que agocha a capital municipal. A saída está programada para as 12 da mañá dende o Castelo. O prezo é de 3€ por persoa (nenos ata 16 anos gratis) e as inscripcións poden facerse chamando á casa do concello (981.71.63.54) ou no momento de iniciar a actividade. Dentro deste programa cultural, levado a cabo polo Concello de Vimianzo, tamén se inclúen as dramatizacións da compañía de teatro Os Quinquilláns que contarán a historia viva do castelo vimiancés. As funcións, dúas cada domingo, serán ás 13 e ás 17 horas. A través de dous criados do castelo coñeceráse a histroia desta fortaleza medieval e das xentes que o habitaron.

Comentarios