Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo recupera 1,5 km de camiños rurais en Baíñas e Cereixo

Recuperacion de caminos en Bainas e Cereixo
Vimianzo recupera 1,5 km de camiños rurais en Baíñas e Cereixo

Comezaron as obras do proxecto de reparación e mellora de camiños rurais municipais en Cereixo e Baíñas. Serán varias intervencións que recuperarán un quilómetro e medio de vías de titularidade da administración local, moi usadas polos veciños..

Instalaranse as canalizacións soterradas e se reparará a capa de rodadura. Adicarase unha partida de 30.858,12 euros para este fin, financiado con cargo ao POS Adicional 2019, e o prazo de execución estímase que será de tres meses.

Comentarios