Martes. 07.07.2020
El tiempo

Vimianzo solicita FEGAMP que medie coa Xunta na problemática coa fibra no rural

Vimianzo solicita FEGAMP que medie coa Xunta na problemática coa fibra no rural

A eterna loita polas infraestrururas da comunicación está máis viva que nunca. A verdade é que salvamos a pandemia máis ou menos ben, pero as diferencias de oportunidades no rural galego, con respecto ás cidades en materia de conectividade, segue a ser unha enorme inxustiza.

Así o comprobou o Concello de Vimianzo, que leva semanas sufrindo as queixas de ducias de veciños que necesitan a conexión para poder teletraballar, para desenvolver as tarefas escolares, ou simplemente para pasar horas de ocio. Moitas das empresas da zona tamén enviaron as súas queixas pola baixa velocidade.

Dende o comezo da corentena a alcaldesa Mónica Rodríguez estivo en contacto coa empresa suministradora do servizo de internet para buscar solucións. Pero como a situación continúa Rodríguez, solicitará á FEGAMP (entidade da que é vogal), que medie coa Xunta de Galicia e co goberno central na problemática coa fibra no rural.

Rodríguez convida tamén ‘a outras e outros rexedores a comentar este tema, como xa fixo Santa Comba, xa que non é exclusivo de Vimianzo.

Formulario

Ademais veñen de abrir un formulario web para consultar coa xente as necesidades reais ao respecto da instalación de banda larga e fibra nos domicilios aos que todavía non chega, para coñecer a realidade da comunicación na vila.

Novas relacionadas

comentarios