Venres. 18.10.2019
El tiempo

Vimianzo tamén pon en valor o turismo ornitolóxico do Encoro da Fervenza

Xornada de turismo ornitolóxico no Encoro da Fervenza
Xornada de turismo ornitolóxico no Encoro da Fervenza
Vimianzo tamén pon en valor o turismo ornitolóxico do Encoro da Fervenza

É de todos o Encoro da Fervenza, e así o demostrou estes días o Concello de Vimianzo, a través do departamento de Turismo, coa organización dun roteiro medioambiental enfocado ás aves. Coa axuda do Grupo Naturalista Hábitat, deu a coñecer as cualidades deste lugar para a realización de turismo ornitolóxico e de avistamento de todo tipo de aves.

Partindo do Centro de Interpretación do Encoro da Fervenza, onde os participantes que esgotaron as prazas dispoñibles recibiron unhas nocións básicas para o desempeño da actividade, o grupo desprazouse dende a aldea do Orbellido ao encoro, onde aproveitaron diferentes hábitats que existen en torno á Fervenza para poder avistar aves de diferentes tipoloxías.

Esta actividade pechaba as visitas que dende a oficina de turismo de Vimianzo veñen desempeñando dende o mes de xullo, cunha boa resposta de público como quedou demostrado na actividade desta fin de semana.

Xornada de turismo ornitoloxico no Encoro de Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios