Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo viaxa á prehistoria con dous obradoiros

Vimianzo viaxa á prehistoria con dous obradoiros
pinturas-dolmen-pedra-cuberta No dolmen de Pedra Cuberta (de recente propiedade municipal) levouse a cabo un obradoiro experimental con pigmentos naturais Na recta final do programa "Vimianzo. Historia Viva" chegoulle o momento á Prehistoria con dous monumentos públicos de titularidade municipal. Un o castro das Barreiras, e outro máis recente, o dolmen da Pedra Cuberta. Nesta anta tivo lugar un obradoiro experimental no que os visitantes puideron probar de primeira man a traballar con pigmentos naturais. Deste xeito celebrouse a adquisición do dolmen por parte do concello, facendo unha visita guiada por este monumento e pola veciña Pedra Moura. Ao acabar de coñecer o mundo neolítico e as pioneiras investigacións arqueolóxicas dos Leisner en Pedra Cuberta, puxéronse a disposición dos visitantes os materiais cos que realizar pinturas como as deste dolmen: carbón vexetal, caolín e óxido de ferro. Foi toda unha experiencia pintar coas mans, mesturar e deseñar as liñas serpeantes características deste dolmen, e incluso pintar o propio corpo como se podería facer hai seis mil anos. O próximo sábado toca experimentar co barro das Barreiras, o gran castro do Val de Vimianzo que revivirá os tempos nos que as oleiras e oleiros realizaban pezas cerámicas tan fermosas como os fragmentos que apareceron nas escavacións e catas arqueolóxicas dirixidas por Tito Concheiro. A encargada de trasladar aos visitantes á Idade do Ferro será a Fundación Terra Termarum de Castrolandín (Cuntis), todos uns expertos en cerámica galaica. Para esta actividade está aberto o tempo de inscrición, pero hai un límite máximo de 25 persoas, polo que convén reservar canto antes. Pódese apuntar no correo [email protected] ou a través do teléfono 981 716 001. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/vimianzo-abre-as-suas-barreiras/ Fonte

Comentarios