Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo prepara un amplio e solidario abano de actividades para este Nadal

Postal de Nadal de VImianzo 2019
Postal de Nadal de Vimianzo feita por Eric Alvarellos
Vimianzo prepara un amplio e solidario abano de actividades para este Nadal

Este nadal Vimianzo quere vestirse de luces para dar un impulso ao comercio e hostalería e enchelas rúas de xente e ilusión.

A benvida ó Nadal comezará o día 5 co acendido de luces na praza do concello ás 20:00 horas. Será un comezo moi divertido, cheo de sorpresas e cunha doce chocolatada preparada da man da Asociación de Familiares de Alzheimer de Fisterra e Soneira (AFAFeS).

O concello terá habilitada na praza unha carpa que permanecerá fixa dende ese mesmo día ata o 6 de xaneiro para poder celebrar unha chea de actividades todos os sábados e vésperas de festivos.

O mesmo día do acendido sairá publicada toda a programación municipal para estas datas que incluirá unha morea de novidades como actuacións de maxia, xogacontos teatralizado, contacontos, obradoiros, animación, pintacaras, inchables e moitas sorpresas máis que irán acompañadas sempre de música, diversión e moitas lambonadas. Pero ademais de todas estas actividades que terán lugar na praza do concello cada sábado e véspera de festivos, tamén terán lugar na Casa da Cultura actividades e obradoiros para a rapazada favorecendo, por un lado, o verdadeiro espírito nadal e, por outro, a conciliación  das familias que traballan.

A gran cita será a Gala Solidaria, que terá lugar o domingo 15 de decembro ás 17:30 na Casa da Cultura, e que axudará as entidades Cáritas e Cruz Vermella.

Nas datas de nadal tamén haberá actividades de música e entretemento polas parroquias, ademáis da tradicional visita dos reis magos.

2019_GALA_SOLIDARIA_cartel


 

Comentarios