Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo volverá acoller a Xuntanza de todas as palilleiras do país

Vimianzo volverá acoller a Xuntanza de todas as palilleiras do país

A Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas” de Vimianzo organiza a V Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo o sábado día 5 de Novembro de 2011. O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas as palilleiras coa finalidade de promover a súa artesanía: o encaixe.

Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os traballos tamén intercambiarán experiencias e ideas entre as /os participantes.

Chegarán a capital soneirá palilleiras de todo o país: de Lousame, Viveiro, Foz, Cervo, Ferrol, Ames, Pontevedra, Vigo, Lugo, Camariñas, Muxía, Coruña, Padrón, Burela, Marín, Noia, Sada... e como non de Vimianzo.

Máis información e inscrición

As persoas interesadas poderán inscribirse nos seguintes teléfonos:

  • 981 716 312 (Lourdes-Presidenta)

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de asociación palilleiras as Nemanquiñas de Vimianzo.

Comentarios