Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo xa conta cunha senda fluvial no centro da vila de 1,3 km

Vimianzo xa conta cunha senda fluvial no centro da vila de 1,3 km
Senda fluvial de Vimianzo Senda fluvial de Vimianzo

Rematou a segunda fase da senda fluvial de Vimianzo. Uns novos 800 metros de senda que permiten que se completen 1,3 km de paseo agradable para andar no medio da vila. Era esa unha obra moi demandada pola veciñanza, que foi prometida no programa electoral, e que permite aumentar así considerablemente unha cómoda “ruta do colesterol”.

As obras da segunda fase custaron uns 100.000€, e realizouse gracias á cesión de maneira altruísta de moitos veciños, algo que agradece o goberno municipal. Así mesmo, despois de 3 meses de obras, o Concello realizará a inauguración unha vez que estea instalado todo o equipamento e mobiliario urbano.

Comentarios