Mércores. 27.01.2021
El tiempo

O Viminadal enche de luz a capital soneirá

O Viminadal enche de luz a capital soneirá

Retransmitido por Facebook foi todo un acontecemento o alumeado de Nadal do Concello de Vimianzo, celebrado este pasado venres.

Programa

Un xeito ademais de poñer en valor a programación do I Festival de Teatro Viminadal, que estará organizado baixo estritas condicións hixiénicas e sanitarias, con itinerario seguro. A intención deste ano é que “os horarios sexan compatibles con accións nos comercios e hostalería de Vimianzo”, din desde o goberno local.

Os espectáculos non recomendados para menores serán ás 20:30 horas, namentres que os familiares serán ás 17:30 horas. Estes últimos serán de balde ata completar aforo e as reservas pódense facer na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Para os espectáculos de adultos, o prezo será de 5€, e haberá prezo reducido (2,5€) para maiores de 65 anos e estudantes. A venda anticipada será na Casa da Cultura e poderanse adquirir ata o xoves 10 de decembro. Programación de Nadal.

Programación Nadal Vimianzo 2020

comentarios