Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xa van 5.000 vimi-bonos tramitados

vimi bonos
Xa van 5.000 vimi-bonos tramitados

Se Vimianzo ten 7.000 habitantes, boa é a cifra de Vimi-bonos de Nadal tramitados durante a campaña de Nadal. Bonos, en forma de tarxetas electrónicas cargadas con 25€, empregados maioritariamente en comercios minoristas que serviron para que as compras de Nadal quedasen na casa.

Comercios de confección e téxtil, zapaterías, xoguetes, artigos deportivos ou ferretería e bricolaxe, foron as máis beneficiadas por esta campaña que intenta “reactivar o tecido comercial e hostaleiro de Vimianzo, nun contexto de peche perimetral e ante un contexto sanitario que están a dificultar enormemente o desenvolvemento habitual da vida económica no noso municipio”, comenta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Foron un total de 178.000€ empregados nesta campaña.

En todo caso, aínda se pode facer uso dos mesmos ata o vindeiro día 31 de xaneiro de 2021. E podedes usalos en calquera dos 57 comercios, 21 establecmentos de servizos e 22 locais de hostalería adheridos a esta campaña, que podedes ver nesta lista.

Comentarios