Venres. 19.04.2024
El tiempo

25 actividades para o Outono de Zas

25 actividades para o Outono de Zas
Presenta o Concello de Zas o programa de Actividades municipais para este outono. Son 25 propostas pensadas para todas as idades, para as qeu xa está aberto o prazo de inscrición (ata o 5 de outubro) e que empezarán a partir do 15 de outubro. O programa de ocio e lecer serve para mellorar a calidade de vida así como fomentar a socialización entre todos os veciños e veciñas do municipio. O programa, que se estende a todas as parroquias do municipio, inclúe actividades que van dende os diferentes tipos de deportes ata a música, as manualidades, e o teatro. No ámbito da actividade física ofértanse clases de ximnasia, ximnasia terapéutica, pilates, defensa persoal, baile de salón, tiro con arco, multixogo, patinaxe, escolas deportivas (para nenos e nenas de 8 a 12 anos), balonmán, judo, taekondo, tenis de mesa e fútbol. No programa inclúense tamén distintas actividades relacionadas coas manualidades e coa creatividade tales como bordado, calceta, macramé, tapicería, cesteiría e sombreirería. Ademais, nos próximos meses relizarase un taller de memoria, un curso de cociña e outro de guitarra. E como vén sendo habitual, un ano máis o Concello de Zas pon en marcha unha nova edición da escola de teatro infantil e de adultos.

Comentarios