Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Á Carballeira, tamén de sesión vermú e mexilloada

Á Carballeira, tamén de sesión vermú e mexilloada
Os Modernos Os Modernos non son a típica orquestra verbeneira galega...Os Modernos Os Modernos non son a típica orquestra verbeneira galega...

Despois de falar con Fidel Otero sobre o sentimento que a Carballeira xera no pobo de Zas, toca falarmos dunha das novidades: a sesión vermú e mexilloada.

O sábado 6, como fan as festas de sempre, toca sesión vermú, acompañada dunha boa mexilloada, totalmente gratuíta para os asistentes e música a cargo da Orquestra Os Modernos e o Ghusto do Boi.

As actuación continuarán ao longo da tarde da man de Cé Orquestra Pantasma e unha foliada tradicional con diversos grupos da redonda, amenizando o mercado ecolóxico, a feira de artesanía e os xogos tradicionais para os máis pequenos da familia. De seguido comezarán os concertos do día grande da Carballeira de Zas, no que pasarán polo escenario varios grupos nacionais e internacionais do mundo folk.

Esta edición da Carballeira de Zas destaca pola súa programación, repleta de actividades dende que dea comezo o venres ás 21:00 ata que finalice o sábado de madrugada. Os asistentes que así o desexen, contan con camping gratuíto para ámbolos dous días. Ademais, xa coñecen o plantel de artistas a partir das 21:30h no escenario principal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios