Venres. 29.03.2024
El tiempo

A coral Xan Mella celebra a súa tradicional comida

A coral Xan Mella celebra a súa tradicional comida
coral-xan-mella-baio Uns 40 membros da coral Xan Mella de Baio uníronse o pasado domingo para celebrar o seu tradicional xantar no Allo O pasado domingo os membros da coral Xan Mella de Baio celebraron a súa tradicional comida que se enmcarca dentro dos actos do 15º aniversario da entidade. O xantar tivo lugar nunha finca situada no lugar de O Allo, en Zas, e das parrillas encargáronse Luis Pérez e Enrique Mel que cociñaron para case 40 persoas. Á sobremesa tamén se sumou o novo cura de Baio que non deixou de sumarse á festa cos compoñentes da coral cantando "Catro vellos mariñeiros". A coral prepara a vindeira actuación que será o próximo sábado na Igrexa de San Juan el Real en Oviedo (Asturias) onde cantará unha misa e posterior concerto convidada pola Coral do Centro Asturiano de Oviedo. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios