Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Coral Xan Mella de Baio prepárase para as próximas actuacións

A Coral Xan Mella de Baio prepárase para as próximas actuacións
Coral-Xan-Mella-de-Baio A Coral Xan Mella actúa o próximo 28 de abril en Portugal Os membros da Coral Xan Mella de Baio xa están preparándose para as próximas actuacións. A primeira delas será o sábado 28 de abril no marco dun encontro de corais que terá lugar no auditorio do Centro de Negocios de Oliveira de Azemeis, en Portugal.  A coral dirixida por Tatiana Pankrátova presentará aquí un programa ecléctico de polifonía litúrxica, folclore internacional, música pop e cantigas galegas. Ao día seguinte coralistas e acompañantes visitarán as vilas de Aveiro e Porto. Na organización deste intercambio colaboran o concello de Zas e a Deputación de A Coruña. A seguinte cita será na casa o 12 de maio, día no que Baio se convertirá na capital da polifonía máis xoven de Galicia coa celebración do XI Encontro de coros infantís e Xuvenís que patrocina FECOGA e organiza a AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella coa colaboración do concello de Zas e da parroquia de Santa María. No festival polifónico, que se celebrará na igrexa nova de Baio ás 19:00, horas actuará de anfitrión o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio e participarán outras tres corais de Ourense, Lugo e Pontevedra seleccionadas pola Federación Coral Galega. Novas relacionadas Fonte   

Comentarios