Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Coral Xan Mella queceu a voz en Valdoviño para o internacional Memorial Pepe Valiña

A Coral Xan Mella queceu a voz en Valdoviño para o internacional Memorial Pepe Valiña
Comida dos Coralistas da Xan Mella de Baio Comida dos Coralistas da Xan Mella de Baio Xa queda pouco para celebrar en Baio o XV Memorial Pepe Valiña, o tradicional concerto de Nadal co que a Coral Xan Mella pecha o ano. E para ter a voz preparada, a entidade tivo unha intensa actividade esta pasada ponte. O xoves 6, cantantes e amigos, celebraron a tradicional Comida do Coralista nunha finca do Allo xentilmente cedida por Emilio Busto. Foi un cocido pantagruélico cociñado por Luis Pérez coa inestimable axuda de Carmen Corral e Enrique Mel. Sen tempo case a facer a dixestión, o sábado 8 a coral Xan Mella viaxou a Meirás de Valdoviño para participar no XVIII Festival de panxoliñas convidados pola Coral Alentía e na que tamén actuaron a Coral Atlántico de Noia e a Coral de Espasante. Ao rematar as catro corais xuntas cantaron "Noite de Paz". A Coral Xan Mella de Baio en Valdoviño A Coral Xan Mella de Baio en Valdoviño

Un Festival internacional

E toca xa pensar no inmellorable peche de curso. Este ano, ademáis dos anfitrións, cantarán o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, a Coral Estelas do Mar de Mugardos e o Orfeao de Loureiro de Oliveira de Azemeis de Portugal. A cita será o sábado 15 de decembro ás 21:00 horas na Igrexa Nova. O festival de Nadal ten carácter solidario e convidamos aos participantes a que vaian "Darnos a Lata": todas as latas de conserva e alimentos non perecedeiros serán doadas a Cáritas parroquial.

Comentarios