Venres. 19.04.2024
El tiempo

A coral Xan Mella visita Cacabelos

A coral Xan Mella visita Cacabelos
coral-xan-mella-baio A coral Xan Mella ofreceu un concerto na igrexa de Santa María de Cacabelos onde interpretaron temas tan seus como a "Katiusha" Os e as integrantes da coral Xan Mella de Baio veñen de pasar unha fin de semana fantástica. Viaxaron ata terras leonesas logo do convite que lle fixeron os compañeiros da coral Ecos de Bergida de Cacabelos. Os baises tiveron tempo de visitar o espazo da Moncloa de San Lázaro e de repoñer forzas nun restaurante da vila para logo visitar as instalacións da bodega Palacio de Canade onde saborearon unhas copas de "Xamprada". Coa voz suavizada, ofreceron ás 19:30 horas, un concerto na igrexa de Santa María que os esperaba cunha boa cantidade de plúbico. Primriro foi o turno dos anfitrións que interpretaron habaneras, cancións bercianas, polifonía litúrxica e remataron cunha moi boa interpretación do tema galego "O voso galo comadre". Logo foi o turno dos da Xan Mella que se presentaron cun programa ecléctico de polifonía litúrxica, panxoliñas, cantigas galegas, habaneras e folclore internacional e remataron coa tradicional "Katiusha" que conteguiu que o público se puxera de pé batendo palmas e pedindou outra máis. Así que non tiverom máis remedio que rematar repetindo o tema "Ave María no morro". A xornada continuou cunha cea. Xa de volta en Baio, agora xa están cos preparativos do XIV Memorial Pepe Valiña que que terá lugar o vindeiro 16 de decembro, ás 21 horas, na igrexa nova de Baio. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios