Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Plataforma de Zas leva os recortes en Pediatría ao Parlamento

A Plataforma de Zas leva os recortes en Pediatría ao Parlamento
Coordinadora Zas sen recortes en Pediatria no Parlamento Galego co alcalde Lolo Muino As responsables da Coordinadora Zas sen recortes en Pediatria no Parlamento Galego co alcalde Lolo Muiño Segue dando pasos, firmes, a Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría”. E un paso adiante é levar as súas reivindicacións ao Parlamento Galego. Fixérono varios pais e nais afectados esta mañá de luns 21 de xaneiro, solicitando unha entrevista cos portavoces dos catro grupos con representación no Parlamento Galego. Con esta medida, os afectados queren poñer de manifesto a grave situación que afecta a toda Galiza pola falta de pediatras e que no caso de Zas se traduciu nunha redución de 20 horas á semana neste servizo dende o pasado mes de xuño. Unha situación que obriga a desprazarse moitos quilómetros, sobre todo en caso de emerxencias, e colapsar ademais así o servizo de urxencias doutras localidades.

Novas relacionadas

Comentarios