Venres. 29.03.2024
El tiempo

A primeira fase da campaña de trampeo da vespa velutina de Zas evita a formación de máis de 300 niños

A primeira fase da campaña de trampeo da vespa velutina de Zas evita a formación de máis de 300 niños
campana-trampeo-avispa-asiatica As trampas colocadas hai pouco máis dun mes capturaron un total de 338 raíñas evitando así a formación doutros tantos niños As campañas de trampeo da vespa velutina levadas a cabo polos concellos de Carballo, Malpica e Zas están a ser exitosas. Así, o municipio zaseiro vén de facer un primeiro balance e sinala que, en pouco máis dun mes e sen que as condicións climatolóxicas fosen as máis favorables, capturáronse un total de 338 raíñas o que supoñería outros tantos niños de vespa velutina. As cifras dispáranse no cálculo das obreiras. Segundo sinalan os expertos, cada niño está composto por unhas 20.000 obreiras polo que nesta primeira fase da campaña evitáronse así máis de 6.700.000 vespas asiáticas. Ante estes alarmantes datos que ratifican a expansión da praga, o goberno do concello de Zas puxo en marcha no pasado mes de marzo un protocolo de actuación "ante a pasividade da Xunta", tal e como sinala o alcalde - Manuel Muíño -.  Segundo sinalan dende o concello, a campaña de trampeo continuará ao longo de todo o mes de maio coa renovación das trampas nos puntos máis sensibles do municipio. vespas-velutinas-rainas-Zas As trampas colocáronse en zonas vulnerables Para seguir freando esta praga é fundamental a colaboración da veciñanza animándoos a que coloquen as súas propias trampas. Para realizalas é necesaria unha botella de plástico que conteña líquido atraínte, como por exemplo zume, e cuns buratos que permitan a entrada das vespas. Os puntos máis sensibles atópanse en zonas de árbores con flor, como camelias e rododendros, e de árbores froiteiras. Así mesmo, os apicultores poden colaborar indicando a localización das súas colmeas por ser lugares sensibles ao ataque da velutina. Toda a información ou dúbidas sobre a praga pode aclararse a través do número de teléfono do Concello de Zas (981 70 83 03).  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios