Mércores. 18.09.2019
El tiempo

A sanción da piscina de Zas, o exemplo da filtración privilexiada da Xunta aos voceiros municipais do PP

A sanción da piscina de Zas, o exemplo da filtración privilexiada da Xunta aos voceiros municipais do PP
O Concelleiro Lito Velo con Lolo Muino alcalde de Zas O Concelleiro Lito Velo con Lolo Muíño, alcalde de Zas O alcalde Lolo Muino de Zas O alcalde de Zas, Lolo Muíño, durante a rolda de prensa Corría o mes de agosto do pasado ano cando a Consellería de Sanidade abría un expediente ao Concello de Zas pola susposta contratación irregular dun socorrista para a piscina municipal. Un expediente que a propia Xunta decidía, sorprendentemente, arquivar antes de chegar ao Xulgado, un procedemento pouco habitual. Detrás deste arquivo da causa, entende o alcalde de Zas, Lolo Muíño, hai interese en tapar un claro exemplo de filtración de información confidencial da Consellería ao voceiro municipal do PP local, David Gómez. “A Xunta tiña medo que a cousa fose ao Xulgado e se destapase unha trama de filtracións”, valoraba onte nunha rolda de prensa específica para explicar o caso. ”Non é normal que a propia administración dea marcha atrás a unha multa de 15.000€ por un caso que consideraba moi grave, e que de repente di que non sabe como se tipifica a falta”, explica Muíño. “Por iso se demostra que foi algo orquestado polo voceiro do PP local, e o máis grave é que se demostra que tivo información privilexiada, porque foi un argumento que utilizou nun plen antes de que a propia a Xunta informase ao propio Concello. Politicamente é gravísimo que se utilice esta clase de información das Consellería, para filtrar información e darlle vantaxe aos voceiros municipais. E esta é a demostración de que así está pasando”, apunta. De feito, ameaza apuntando que “os servizos xurídicos están estudiando se houbo algunha falta penal ou administrativa. que un partido saiba saben unha información confidencial, que lla Cómpre dicir que esta resolución é do mes de maio, pero o grupo de goberno estivo esperando a anunciala denuncia a que a piscina estea perfectamente aberta e que non interfira a súa actividade, pero “sgora ves que a alarma social xerada non tiña razón de ser”.

Últimos anos de filtracións

Lolo Muíño explica que ”dende hai un tempo, estase usando a Xunta para danar aos concellos que non son da súa cor política. Eu levo 11 anos de alcalde, e dos 9 gobernou o PP, e considero que só nos dous últimos anos están utilizando esta estratexia. É algo que falamos os alcaldes doutras cores cando nos vemos, que son moitos os portavoces do PP que coñecen información privilexiada, e danllas a eles antes de que o saiba o propio goberno municipal. Parece que isto é a punta do iceberg”, avisa Muíño.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-zas-selecciona-persoal-para-as-duas-piscinas-municipais/  

Fonte

Comentarios