Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Soneira fidalga de Xosé María Lema puxo fin as "Monografías do Allo"

A Soneira fidalga de Xosé María Lema puxo fin as "Monografías do Allo"
Conferencia Xose Maria Lema nas Torres do Allo Conferencia Xose Maria Lema nas Torres do Allo Remata o mes de outubro e con el o interesante ciclo de conferencias que seguen dando vida ás Torres do Allo. O encargado de pechar a serie foi o catedrático e emblema da cultura costeira, Xosé María Lema Suárez, que na última "Monografías do Allo" falou sobre os pazos e casas fidalgas da Costa da Morte. Lema fixo un repaso pola definición de pazo, as condicións que se teñen que dar para que exista, os distintos elementos arquitectónicos que o compoñen, elementos decorativos así como as contruccións complementarias que rodean ao pazo. De seguido, Xosé Ma Lema fixo fincapé na historia dos habitantes dos pazos: os fidalgos, desde a súa aparición ata o seu declive, pasando pola vida nestas edificacións, a súa onomástica e o idioma que se falaba neles. Tamén por último falou dos antecedentes medievais da fidalguía das comarcas da Costa da Morte: os Traba, os Mariño de Lobeira, os Moscoso... e nombrou as principais familias fidalgas. Para rematar a conferencia que mellor que unha visita guiada a igrexa de San Pedro e o cruceiro. Entre os asistentes atopábase Xosé María Méndez Doménech, investigador da fidalguía e da burguesía soneirá, a quen dedicou a conferencia, así como a Roberto Mouzo Lavandeira. Antes de empezar coa conferencia, Xosé Mª Lema fixolle entrega ao concello unha copia do libro "Atlas de los hórreos de Galicia" de Carlos Regueira, do que el é prologuista. Xose Mariá Lema entrega libro con Lito Garcia Velo do Concello de Zas Xose María Lema entrega unha copia dun Atlas de hórreos a Lito Garcia Velo, do Concello de Zas

Non para a actividade nin o 1 de novembro

Novembro tamén será especial e diferente no pazo do Allo, que agarda cheo de sorpresas que traerán festa, bailes, gastronomía, etnografía e bos momentos.  Para comezar este mes tan senlleiro nas Torres do Allo o día 1 de novembro abrirán as súas portas ofrecendo múltiples posibilidades de visita e actividades.. Ademais, durante a fin de semana en horario de apertura: Visitas libres, onde poder visitar o pazo e o seu entorno de maneira autónoma. Tamén tódolos días en horario de apertura: O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Un divertido xogo no que moitas das familias que se achegan a Torres do Allo dan conta dun tesouro moi especial de valor incalculable e que nunca ninguén será quen de poder quitarllo. En horario de apertura ás 13h e 17h: Visitas Guiadas, que permitirán coñecer que un pazo non é só un fermoso edificio, senón moito máis, unha peza que encaixa nun puzle formado por unha contorna natural e etnográfica única en Galicia.  Xogo de pistas nas Torres do Allo

Novas relacionadas

Novas das Torres do Allo

Fonte

Comentarios