Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A UDC imparte en Baio unha charla informativa sobre o proxecto "Low Carbon Innovation"

A UDC imparte en Baio unha charla informativa sobre o proxecto "Low Carbon Innovation"
O centro sociocultural de Baio acolle o próximo 19 de xuño unha xornada informativa para participar no proxecto Low Carbon Innovation, organizado pola Fundación Universidade da Coruña e que conta co colaboración do GDR Costa da Morte xunto co concello de Zas. A asistencia a esta xornada está aberta a todos aqueles que o desexen (ADLs, empresas, emprendedores,….) e logo no programa poderán participar empresas e promotores de calquera sector que queiran incluír melloras ecoeficientes na súa actividade ou desenvolver iniciativas empresariais baseadas nunha economía baixa en carbono. O proxecto aborda diferentes cuestións relativas ao desenvolvemento dunha economía circular e baixa en carbono, levando a cabo un traballo específico de asesoramento a PYMES e tamén de apoio a novos negocios verdes. Os interesados en participar poden anotarse a través do número de teléfono 981 71 73 58. Fonte  

Comentarios