Martes. 23.04.2024
El tiempo

Adro organiza dúas excursións para o mes de outubro

Adro organiza dúas excursións para o mes de outubro
excursions adro outubro 2016 Asturias e a festa do Marisco do Grove serán os dous destinos das próximas excursións que a asociación cultural Adro de Baio ten organizadas para o vindeiro mes de outubro. A primeira delas será os días 1 e 2 de outubro a Covadonga. Alí aproveitarase para visitar Avilés, Xixón, Cangas de Onís, os Lagos de Covadonga e Cudillero. O prezo é de 85€ para os socios e 110€ para os non socios e inclúe o autobús, as comidas e o aloxamento en pensión completa. Os interesados en anotarse ainda están a tempo e poden facelo en Floristería Costa Flor de Baio ou no número de teléfono 669 465 528. A segunda das excursións que a asociación ten organizada para o mes de outubro será o día 12. Nesta ocasión será ao Grove – que estará en plena celebración da Festa do Marisco – e a Combarro. O prezo é de 8€ para os socios e 15€ para os non socios. Os interesados en asistir pode inscribirse na Peluquería Miguel de Baio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios