Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arranca a III edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas

Arranca a III edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas
escola-municipal-teatro-zas Integrantes da Escola Municipal de Teatro de Zas nunha das súas últimas representacións O concello de Zas acaba de poñer en marcha a III edición da Mostra de Teatro Afeccionado na haberá varias novidades. A primeira é o nome; III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” conmemorando así a figura do escritor baiés A segunda das novidades é a cuantía dos premios ao que a concellería de Cultura - a encargada da organización - destina 2.500 euros que repartirá equitativamente entre as cinco compañías elixidas como finalistas. Diso encargarase un equipo formado por membros do goberno, técnicos municipais e integrantes da compañía de teatro Badius de Baio. No certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro da comunidade e, tamén como novidade, este ano está aberto a persoas naturais ou xurídicas tanto públicas como privadas. Ademais do premio económico haberá recoñecementos para a mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo), premio ao mellor actor e á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo) e, tamén por primeira vez, haberá premio á mellor obra elixida polo público (trofeo e diploma acreditativo). Unha vez que se publiquen as bases do concurso no Boletín Oficial da Provincia – BOP - que, segundo indican dende o concello, será nos vindeiros días ábrese o prazo de inscrición que se prolongará até o 1 de marzo. Para participar é necesario anotarse presentando a documentación pertinente así como os anexos que acompañan ás Bases debidamente cumprimentadas. Representacións Os cinco espectáculos finalistas representaranse os días 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio distribuídas entre o auditorio do pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello de Zas. Serán sempre ás 21 horas. A entrega de premios terá lugar na tarde domingo 27 de maio.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios