Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Arranca en Baio unha nova edición do "Punto Rojo" con rebaixas e pinchos

Arranca en Baio unha nova edición do "Punto Rojo" con rebaixas e pinchos
punto-rojo-baio-2018 Os establecementos participantes decoran os seus escaparates con bandeirolas vermellas Hoxe arranca en Baio unha nova edición do "Punto Rojo" na que participan 67 establementos. A iniciativa - promovida pola asociación de empresarios Comarca de Soneira, coa colaboración do concello de Zas, da Deputación da Coruña, de supermercados Eroski e distribucións Ramos - ten como obxectivo principal incentivar as compras no comercio local. Durante estes tres días, os comercios sacarán á rúa os artigos de fin de tempada cuns prezos moi rebaixados e cun horario especial (de 10 a 22 horas). Pola súa banda, os locais de restauración ofrecerán unha variedade de tapas a 1,5€ que servirán tanto ao mediodía como pola noite. Ademais destas, haberá outras actividades paralelas tales como postos de artesanía na rúa, un tren percorrendo a vila (sábado de 12:00 a 15:00 horas e domingo de 12:00 a 16:00 e de 18:00 a 20:00 horas), exposición de coches novos e de ocasión na rúa Vidal Ríos e tampouco faltarán as actividades infantís concentradas na explanda ao carón da Casa Ovidio con inchables e unha festa da espuma (domingo a partir das 19:00 horas). Establecementos participantes Nesta nova edición do Punto Rojo participan os seguintes establecementos: + D’Moda, Calzados Paco Home, Calzados Paco Muller, Fanatik, Lencería Marta, Mira Hombre, Rapaciños, Tanara, Tejanos, Vístete, Idealex, Vístete Fiesta, We Are Kiddys, Zapaterías Yolanda, Artymobel, Bazar Baio, Cadena Cien Baio, Costa Flor, Droguería Reymúndez, Electrodomésticos Javi Díaz, Farmacia Central, Joyería Fuentes, Muebles Galicia, Óptica Arjomil, Parafarmacia Horizonte, Bar a Bulla, Bar Baiuca, Bar O Cruce, Bar O Calvario, Bar O Muíño, Bar O Pescador, Bar Trébol, Bar Vixía, Cafetería O Hórreo, Casa Rogelio, Cervecería Mané, Cervecería Río Grande, Pizzería Venezia, Restaurante A Lareira, Carnicería Muíño, Conxelados Manolo, Distribucións Leyma, Distribucións Ramos, Eroski City, Frutas Gavín, Panadería Manolo, Panadería Pastelería Caión, Pastelería Guindas, Tenda Casa Rogelio, VL Distribucións, Ana Antelo Avogada, Asesoría SuClave, Autoescola Samín, Axencia AM, CD American Gym, Clínica Dental Baldomar, Clínica Dental Romero, Clínica Vértebra e Alicia Novás, Comercial Santi, E.S. Cepsa, Elías Asesores, Imprenta San Cristóbal, Peluquería Miguel, Peluquería Pintiña, Rodrigo Lema Perito, Seguros Reale, Televisan e Tintorería Frescor Sec. Todas as compras realizadas nestes locais poden ter premio, xa que entran no sorteo dun bono de 300€ para gastar nos establecementos participantes, 300€ para mercar en productos de Distribucións Ramos e 200€ para consumir no supermercado Eroski.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/67-establecementos-de-baio-unense-nunha-nova-edicion-do-punto-rojo/ “A Costa da Morte bota o peche para lembrar a importancia do comercio local” — Que pasa na costa “O Punto Rojo tivo premios” — Que pasa na costa “Tatiana Rellán: “A proximidade que ofrece a autovía é unha vantaxe para campañas comerciais como a do Punto Rojo”” — Que pasa na costa “Pelotas e descontos contra a chuvia e a Autovía” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios