Venres. 29.03.2024
El tiempo

Arrancan os Premios Fouciño coa proxección de Fóra, un documental sobre a contaminación

Arrancan os Premios Fouciño coa proxección de Fóra, un documental sobre a contaminación
fora-documental Esta tarde a partir das 21:30 horas proxectarese o documental Fóra no local municipal situado no edificio Pomares. Imaxe: Praza.gal A terceira edición dos Premios Fouciño – organizados polo concello de Zas - arrancan mañá cunha semana adicada ao audiovisual. Ao igual que na anterior edición, ao longo desta semana proxectaranse no local municipal situado no edificio Pomares de Baio unha serie de documentais sobre distintas temáticas sociais. Hoxe comenzan por un dos temas máis preocupantes da actualidade: a contaminación. Será con “Fóra”, un documental dirixido e guionizado polo escritor e xornalista Rodrigo Costa. O documental, que se estreou en febreiro de 2018, recolle a historia da oposición ás factorías de Ence e Elnosa na súa actual localización, dando voz a colectivos e persoas que tiveron un importante papel nesta loita e no que se inclúen documentos e testimonios rexistrados a partir da década dos 60. Obradoiros Por outra parte, continúa aberto o prazo de inscrición nos dous obradoiros que se realizarán o día grande deste certame, o 30 de xuño. Un deles está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Neste taller, que será entre as 12:00 e as 14:00 horas, os participantes coñecerán algunhas das técnicas empregadas no audiovisual e incluso terán tempo para crear entre todos unha curta. E xa pola tarde, será o turno dos maiores de 55 anos que poderán participar nun obradoiro no que aprenderán a manexar a cámara do teléfono móbil e a sacarlle un maior rendemento ao seu dispositivo móbil. O obradoiro será o sábado 30 de xuño ás 17:00 horas e para asistir é necesario levar un smartphone ou un teléfono móbil con cámara. Para participar en calquera dos dous obradoiros é necesario inscribirse previamente no centro sociocultural de Zas ou ben chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]. O último día para anotarse é o venres 29 de xuño. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios