Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As familias de Zas organízanse para recuperar un servizo público de pediatría digno

As familias de Zas organízanse para recuperar un servizo público de pediatría digno
Zas sen recortes en pediatria

Continúan as loitas por unha sanidade pública decente na bisbarra. Unha das que está en pleno auxe é a do servizo de pediatría no Concello de Zas, despois de que a comezos de xuño a Xunta reduxese de 35 a 15 as horas desta especialidade nos centros de saúde de Baio e Zas. Tras https://quepasanacosta.gal/familias-e-concello-abren-unha-recollida-de-firmas-para-recuperar-un-servizo-de-pediatria-digno/varias>xuntanzas cun goberno municipal que neste caso apoia aos veciños nas súas demandas, as familias afectadas por estes recortes están comezando a organizarse.

Veñen de conformar unha coordinadora, encabezada por sete pais e nais, avalada ademais con varios centos de firmas recollidos nestes últimos meses. Fixérono despois dunha nova reunión no Centro Sociocultural de Zas, na que un grupo de pais e nais deron conta da reunión co xerente de Xestión Integrada do Sergas, Luis Verdes Remeseiro, á que asistiron no pasado mes de agosto xunto co Alcalde de Zas.

Explicaron que o xerente do Sergas achacou a baixada de horas no servizo á escaseza de facultativos desta área e ao número de cartillas do municipio que en total suman 334 nenos e nenas. “Durante a reunión deixounos entrever que tiñamos que dar grazas por ter un pediatra durante esas horas”, sinalaron os pais e nais.

A coordinora informará ao resto de afectados directamente e a través da nova páxina de FB, creada onte mesmo baixo o nome “Zas sen recortes en pediatría” e que está aberta a todos os veciños e veciñas.

Para os pais e nais presentes na reunión de onte, éste é un problema que afecta a toda a veciñanza tanto directa como indirectamente e que vai en contra das campañas da Xunta de Galicia que teñen como obxectivo fixar poboación no rural. “As familias que vivimos no rural somos as principais vítimas dos recortes en servizos básicos como a sanidade ou a educación”, sinalan os afectados.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/familias-e-concello-abren-unha-recollida-de-firmas-para-recuperar-un-servizo-de-pediatria-digno/ https://quepasanacosta.gal/o-sergas-reduce-de-35-a-15-horas-semanais-o-servizo-de-pediatria-en-zas/

Comentarios