Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo acollen a entrega de premios do concurso de fotografía co móbil

As Torres do Allo acollen a entrega de premios do concurso de fotografía co móbil
torres-allo-martino-rivera A fotografía realizada por Martiño Rivera foi a que obtivo o maior número de votacións Mañá, ás 13 horas, terá lugar nas Torres do Allo a entrega de premios do I concurso de Fotografía co Móbil “Enfoques do Allo”. Con este acto, porase un punto e a parte ata a próxima edición, a unha proposta cultural que se converteu nun autentico éxito de participación tanto polas máis de 300 fotografías que loitaron por facerse un oco entre os tres finalistas, como por a participación nas votacións, que mobilizaron a máis de 1500 persoas as cales puxeron emoción, intriga suspense ata o último minuto. Despois da selección feita polo xurado, as tres imaxes con máis votacións foron a de Martiño Rivera Dourado (434 votos), a de Yuri de Vargas (376 votos) e Conchi Retana (178 votos). Esta non será a única actividade que hai estes días no primeiro pazo galego, xa que tanto o sábado como o domingo haberá visitas guiadas ás 13 e ás 17 horas. Tamén será posible realizar o xogo de pistas “Os secretos Ocultos nas Torres" de forma continuada durante o horario de apertura. Un divertido xogo para os mais cativos, e non tan cativos, que cheos de curiosidade desexen, a partir de secretos ocultos, atopar un tesouro moi especial que ninguén lles poderá quitar. Despois do éxito da tempada estival, As Torres do Allo comezan o outono cun novo horario de apertura. Desde agora poderán visitarse todos os sábados, domingos e festivos de 11 a 19 horas.  

Máis información

Novas relacionadas Fonte

Comentarios