Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Torres do Allo baten un novo récord de visitantes

As Torres do Allo baten un novo récord de visitantes
concello-zas-torres-allo Ademais do atractivo do monumento e contorno, as distintas actividades axudaron a bater marcas de visitas no pasado mes de agosto Dende que o pazo das Torres do Allo abriron ao público, aló polo ano 2005, o pasado mes de agosto foi o mellor en canto a visitantes se refire. En concreto, un total de 2.407 persoas visitaron o monumento xestionado polo concello de Zas durante o mes pasado. Ademais do incremento de visitantes que inclúen o pazo na súa ruta turística pola Costa da Morte, moitas das persoas que se achegaron ao longo do mes ata o monumento fixéron atraídas polas distintas actividadades que alí se organizaron. Ás visitas teatralizadas a cargo de Os Quinquilláns, tódolos domingos, asistiron 284 espectadores. No xogo de pistas "Os Segretos Ocultos da Torres" participaron 125 persoas. O II concurso de fotografía co móbil "Enfoques do Allo" tamén duplicou a participación con 90 concursantes e 390 imaxes recibidas. A actividade estrela deste verán, o escape room "Pazo do Allo", recibiu en agosto 163 intrépidos xogadoros. As visitas especiais para grupos organizados, a programación didáctica para campamentos, o cine ao aire libre e o mercado tradicional de San Ramón completaron a oferta dirixida a perfís de visitantes moi diversos. Procedencia dos visitantes Case un 45% dos visitantes proviñan do resto do Estado; mentres que un 18% fixérono dende outras localidades galegas. O público da Costa da Morte supuxo en agosto un 19%, e un 14% do propio concello de Zas. As parellas son as que máis visitaron o pazo do Allo con case un 40% do total. Tamén as familias, un 30%, e os grupo informais, un 25% foron configuracións maioritarias nas estatísticas deste ano. A campaña de verán pecharase o próximo domingo, 16 de setembro, cun concerto da man do dúo Caamaño-Ameixeiras. A cita comeza ás 19:00 horas e a entrada é de balde.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-torres-do-allo-pechan-a-tempada-de-veran-cun-concerto/ “O concurso fotográfico das Torres do Allo recibe case 400 imaxes” — Que pasa na costa

Fonte

Comentarios