Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo reciben a visita dos alumnos e alumnas dos centros educativos de Zas e Baio

As Torres do Allo reciben a visita dos alumnos e alumnas dos centros educativos de Zas e Baio
visitas-teatralizadas-torres-allo A compañía Os Quinquilláns contará a historia das Torres do Allo a través dunha visita teatralizada As Torres do Allo recibirán esta mañá - entre as 10 e 13 horas - a visita dos alumnos e alumnas do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema. Os membros da compañía Os Quinquilláns serán os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane para que os escolares coñezan a través dunha visita teatralizada un pouco máis da historia do pazo. Esta actividade enmárcase dentro do porgrama de divulgación “Pazos da Terra” posto en marcha este verán pola concellería de Cultura de Zas, e no que participaron máis de 400 persoas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios