Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo recupera o mercado de San Ramón

As Torres do Allo recupera o mercado de San Ramón
O próximo 31 de agosto - coincidindo coa romaría de San Ramón - o concello de Zas recupera o mercado tradicional que se celebraba antigamente na parroquia de O Allo. Nesta ocasión o mercado celebrarase na contorna do pazo das Torres do Allo entre as 11:00 e as 14:30 horas. O público terá a oportunidade de escoitar música, botar uns bailes, repoñen folgos na sesión vermú, asistir a unha visita guiada especial centrada na festa e incluso mercar produtos ecolóxicos ou artesáns como liño, sombreiros de palla, cerámica de Buño, encaixe, cestos, xabóns... Segundo sinalan dende o concello, con esta iniciativa "trátase de recuperar e sentirse orgulloso das nosas tradicións e de achegar ao público á historia e á etnografía dunha forma diferente e entretida".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios