Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo superan xa o número de visitantes do ano pasado

As Torres do Allo superan xa o número de visitantes do ano pasado
pazo-torres-do-allo-zas Ao longo do 2018, un total de 7.389 persoas xa visitaron o pazo das Torres do Allo Un total de 5.049 persoas achegarónse do 15 de xuño ao 16 de setembro ao pazo das Torres do Allo, o que supón un incremento do 52% máis respecto do mesmo período do ano pasado, onde xa se superaran por moito o número de visitantes, con 3.304 persoas. En consecuencia, tamén se incrementou o número total de visitantes en todo o ano, xa que a finais do mes de setembro xa se rexistraran 7.389 visitantes, superando así todo o público do ano 2017, que foi de 7.295 persoas, a falla dun trimestre para rematar o ano. Estes datos tan positivos, nun ano no que, en xeral, apreciouse unha desaceleración no sector turístico respecto do período anterior, poden explicarse grazas ás numerosas e variadas actividades que a concellería de Cultura de Zas deseñou e segue a programar ao longo de todo 2018. Actividades como o Escape Room "Pazo do Allo", o Mercado Tradicional de San Ramón, a exposición do Traxe Tradicional da Terra de Soneira, o día do Xogo Tradicional, o concurso de Fotografía co Móbil "Enfoques do Allo", as visitas teatralizadas de Os Quinquilláns, o xogo de pistas "Os Segredos Ocultos nas Torres", as visitas guiadas e o seu programa didáctico; conseguiron incrementar expoñencialmente a visibilidade do monumento e ofrecer estímulos continuos para achegarse ás Torres do Allo. Exposición Precisamente este sábado, 13 de outubre ás 13:00 horas terá lugar a inauguración da exposición temporal "Seoane: o naturalista das Torres do Allo" ofrece novos contidos relacionados coa súa historia e os seus moradores. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 18 de novembro en horario de apertura do pazo, os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/zas-redescubre-cunha-exposicion-o-valor-historico-do-naturalista-victor-lopez-seoane/ Fonte

Comentarios