Sábado. 14.12.2019
El tiempo

As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa

As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
Con motivo da Semana Santa, o concello de Zas activa o programa de visitas teatralizadas nas Torres do Allo ademais de ampliar o seu horario de apertura co fin de dar a coñecer este emblemático edificio con máis de 500 anos de historia a todos os seus visitantes. A compañía Os Quinquilláns volverán a darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nunhas visitas teatralizadas que realizarán os días 14 e 15 de abril (venres e sábado) ás 13 horas. As visitas son gratuitas e están dirixidas a todos os públicos. Trátase dunha representación teatral de carácter didáctica e lúdica de 35 minutos de duración coa que os asistentes percorrerán os distintos espazos do pazo. Por outra banda, o concello de Zas tamén ofrece visitas guiadas a todos os visitantes das Torres do Allo durante esta Semana Santa. O horario delas é todos os días ás 12 e ás 17 horas. Tamén é posible concertar unha visita guiada para grupos no número de teléfono 663 249 974. Respecto ao horario de apertura, as Torres do Allo ampliarán o seu horario durante esta Semana Santa. Así, dende o 8 ata o 16 de abril o pazo poderá visitarse entre as 11 e as 20 horas. Os visitantes tamén pode desfrutar da mostra de pezas de olería de Buño situada na sala de exposicións do pazo. Sinatura convenio Precisamente hoxe, ás 12:30 horas, terá lugar a sintatura do convenio para a xestión das Torres do Allo. Asistirán o alcalde e outros representantes do concello de Zas e o responsable de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xesús Soto. Novas relacionadas Fonte

Comentarios