Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Baio, capital do micromecenado pola biopsia líquida

Baio, capital do micromecenado pola biopsia líquida
Jorge Mira apoiando a campana da Oncomet pola Biopsia Liquida en Baio Jorge Mira apoiando a campana da Oncomet pola Biopsia Liquida en Baio

Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica. E non o dicimos nós, senón o propio Jorge Mira, ou os responsables de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet). Tanto o baiés como o unha representación do centro compostelán estiveron en Baio esta fin de semana, apoiando unha campaña de micromecenado para o estudio da biopsia líquida. É dicir, buscando pequenas aportacións dos veciños da comarca para conseguir seguir desenvolvendo a investigación dende Galicia desta técnica.

A través das mesas informativas situadas na rúa Bispo Romero Lema Oncomet daba a coñecer hoxe as vantaxes desta innovadora técnica non invasiva que logra extraer cunha simple análise de sangue a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real.

As doazóns, que contan con importantes vantaxes fiscais, pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, chamando ao 981 955 344, enviando SMS ou ben a través dun ingreso na conta corrente ES68 2080 0300 8730 4556 7736.

Os membros do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) manifestan o seu fondo agradecemento aos máis de 6.000 doantes que teñen participado na campaña así como aos milleiros de persoas que axudan a difundir a campaña.

Oncomet aspira a reunir 500.000 euros nos 24 días que quedan de campaña e está a recibir unha inestimable axuda de innumerables actividades promovidas por particulares e colectivos sociais. Son moitos os famosos, agrupacións, entidades e institucións os que están a apoiar a campaña a través de distintas iniciativas.

Fonte

Comentarios