Luns. 01.06.2020
El tiempo

Baio celebra 100 anos de tradición, teatro e ensino en QPC

Adro, Badius e o IES Maximino Romero de Lema suman 100 anos de historia
Adro, Badius e o IES Maximino Romero de Lema suman 100 anos de historia
Baio celebra 100 anos de tradición, teatro e ensino en QPC

Este venres ás 15:00h a comunidade cultural e educativa de Baio vai celebrar 100 anos nun dos xa habituais #DirectosQPC (a través Facebook Live). Todo o Baio tiña en marcha a chamada Festa dos 100 anos, unha festa referencial que suma os 25 anos do IES Maximino Romero de Lema, os 35 anos de Badius Teatro e os 40 anos da Asociación Cultural Adro.

”A suma era máxica, os 100 anos de cultura e transmisión patrimonial no pobo de Baio”, polo que tiñan deseñada unha serie de accións conxuntas para facer un convivio o vindeiro sábado 23 de maio. Ao non ser posible por motivos obvios, decidiron darlle igualmente unha homenaxe á efeméride e valorando novas accións como unha graduación telemática, videoclip de xente…

Unha das ideas é celebralo nun Faladoiro do noso diario, co director do Centro, Manolo Maseda, o Presidente de Adro, Fran Gavín Villar, e o directivo de Badius, Ricardo Vigueret.

Divulgar dende o ensino en tempos de crise

O centro de ensino ten moitas ideas para pasar este longo verán, puidendo completar así “un proxecto educativo maravilloso de divulgación en tempos de crise”, como explica Maseda. Como “Contedor Cultural” que é o IES baiés, Maseda formula a idea dunha serie faladoiros con personalidades que pasaron polo Centro ao longo de tantos anos e deixar un repositorio audiovisual para a historia.

Outra idea é invitar a ex [email protected] para facer directos na rede para que lles conten as súas expereciencias estudando as súas carreiras. Un xeito de orientar de primeira man ao alumnado que estes meses terán que afrontarse á “Selectividade” máis estrana da historia.

QPC tende a man ao alumnado de Xestión Cultural e Imaxe e Son do Centro para desenvolver esta fermosa iniciativa educativa e divulgativa.

comentarios