Venres. 29.03.2024
El tiempo

Batman, papás noel, aviadores, animais, e selfies na San Silvestre de Baio

Batman, papás noel, aviadores, animais, e selfies na San Silvestre de Baio
Deporte e festa uníronse na carrerira, de dous quilómetros, celebrada esta tarde. En total, foron 51 os corredores que se congregaron hoxe, ás 17 horas, no paseo fluvial de Baio para correr a última carreira do 2014. Como cada ano, a Asociación Deportiva Suagra de Baio organiza a San Silvestre co obxectivo de fomentar o deporte entre a sociedade. Primeiro tocoulle o turno aos participantes máis pequenos. En total  correron 14 rapaces e rapazas de distintas idades; algúns deles tan pequerrechos que incluso quixeron correr acompañados dos pais. Os primeiros postos foron para Gabriel Quesada, un rapaz de Canarias con familia en Baio, Lucas Mira e Javier Senande Feal. Entre os participantes infantís tamén houbo desfraces; polo que a carreira resultou máis animada do convencional. Logo desta divertida e curta carreira, a organización dou o pistoletazo de saída para os 37 partipantes restantes. Entre os desfrazados, xa un clásico desta carreira, houbo animais, aviadores, papás noel, un aviador que asegurou voar baixo,... Tamén había moitas caras coñecidas e que é habitual velas correndo a calquera hora dun día calquera polo asfalto da bisbarra; tales como Pablo Mira, Teresa Castro, entre outros. E como non, tamén houbo tempo para un selfie antes do ¡pum!. Pronto comezaron a chegar os máis veloces. Nada máis e nada menos que en cinco minutos e trece segundos xa estaba de volta Andrés Eirís. E un segundo máis tarde, César Agra. O terceiro en chegar foi David Grille, que completou a carreira en cinco minutos e vintetrés segundos. A organización tamén quixo darlle o seu merecido recoñecemento aos participantes que correron desfrazados. Nesta ocasión, o premio foi para Lucas Espasandín, co dorsal número 47 e natural de Baio, que se atreveu a correr con zapatóns. Na carreira houbo momentos para as risas dos espectadores, tales como cando chegaron este grupo de desfrazados con ganas de festa. Como broche final, a foto de familia na que se colocaron todos os participantes.

Comentarios