Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camiñando pola mesta néboa de Pico de Meda

Camiñando pola mesta néboa de Pico de Meda
pico-de-meda-senda-nova Senda Nova organizou un roteiro nocturno polos montes do Pico de Meda, en Zas Un grupo de 20 persoas compartiron o pasado domingo unha agradable velada baixo unha mesta néboa no Pico de Meda, un dos montes de referencia do concello de Zas. Os camiñantes coñeceron lugares como a férveda do Rabiñoso, que divide os concellos de Zas e de Coristanco. Alí, o guía de Senda Nova - Evaristo - contou historias relacionadas con este lugar e éste foi o punto de partida do roteiro. Na subida, os camiñantes (coas mochilas ás costas) comprobaban como un intensa néboa se apoderaba da paisaxe impedindo desfrutar dunha das balconadas máis fermosas da Costa da Morte. san-roque-do-monte-zas Os camiñantes pasaron a noite na carballeira de San Roque do Monte Mais unha vez chegado ao bico, unha intensa lúa cheo foi gañando terreo e os participantes comezaron a ver as primeiras estrelas da noite. "Era o momento para meternos de cheo no medio no que estábamos, de facer unha parada de 4 minutos nos que puidemos deixar atrás a realidade e sentirnos como outro habitante máis do monte", sinalan os propios camiñantes. Ésta tamén foi unha parada na que tamén houbo tempo para desmitificar esa figura do lobo e, para recordar, que este ano os montes de Meda xa non contan ca vida dos cabalos salvaxes que habitaban ata fai ben pouco estes montes e que contribuían a conservación deles. Durante a súa observación, dislumbrouse algunha estrela fugaz, a Osa maior e incluso a Estrela Polar. Dende alí, os camiñantes colleron rumbro á carballeira de San Roque do Monte, lugar onde fixeron noite. Ésta é unha actividade que se enmarca dentro do programa Verán ao Natural 2017 da asociación ambiental Senda Nova.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios