Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Capa de asfaltado e mellora dos camiños de 6 lugares do Concello de Zas

Capa de asfaltado e mellora dos camiños de 6 lugares do Concello de Zas
Baio - Campo de Futbol Asfaltada a estrada para ir ao campo de fútbol Platas Reinoso de Baio

O Concello de Zas vén de realizar diferentes obras nos camiños dos accesos viarios a seis núcleos de poboación. Cun investimento de 45.000 procedentes dos fondos de Agader, e dentro do Plan de Mellora dos Camiños Municipais, nos últimos meses realizaron obras de mellora nos camiños de acceso aos núcleos de Fornelos, Baio (zona do campo de fútbol), Vilar de Gándara, Pedramaior, Baizana e Langueirón. Todas elas son vías que soportan unha alta taxa de tráfico rodado.

As obras consistiron na limpeza e apertura de cunetas e pavimentación con rego asfáltico. Un total de 6km de firme moi mellorado.

Comentarios