Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Case 700 veciños e veciñas de Zas participan nas actividades organizadas polo concello

Case 700 veciños e veciñas de Zas participan nas actividades organizadas polo concello
actividades-zas Onte presentaronse no centro sociocultural de Zas as actividades que arrancan este luns Este luns uns 660 veciños e veciñas de Zas participan nas actividades culturais e deportivas organizadas polo concello. As clases teñen unha duración de seis meses. O Alcade, Manuel Muíño, o Tenente Alcalde, Óscar Lema, e Carmen Espasandín, técnica do Centro de Información á Muller asistiron onte á presentación das actividades que tivo lugar no centro sociocultural da vila. Bailes de salón, bordado, cociña, informática, manualidades, poda e enxerto, guitarra, calceta, ximnasia de mantemento, ximnasia terapéutica e tiro con arco son as actividades que ofertan dende o goberno municipal sendo a ximnasia de mantemento a máis demandada. Novas relacionadas Fonte

Comentarios