Martes. 23.04.2024
El tiempo

Continúa o verán cultural en Zas

Continúa o verán cultural en Zas
dia da bici 2016 concello de zas Despois dunha movida Semana Cultural e da Festa da Carballeira, en Zas continúan cunha gran variedade de actividades para na recta final de verán. Precismante onte, remataba no centro sociocultural de Baio o curso "Crea un videoxogo, aprende a programar" no que participaron 12 nenos e nenas de 8 a 13 anos e outros tantos na aula de Zas. A vindeira semana, do 16 ao 18 de agosto, o centro sociocultural zasense acolle durante as mañás un campamento urbano medioambiental no que participarán 25 nenos e nenas de 4 a 12 anos. E á semana seguinte desenvolverase a mesma actividade no centro de Baio. Outra das actividades que está programada para os próximos días son "Os venres a pé"; unha actividade de sendeirismo na que os participantes percorrerán distintas localidades do municipio. As saídas realizaranse os día 19 e 26 de agosto e partiráse ás 10 horas da casa do concello. O día da Bici, que se celebrará o domingo 21 de agosto, poñeralle fin á parrilla de actividades programadas polo concello de Zas para este verán. A saída será ás 10:30 horas dende a ponte de Brandomil. A meta será nas Torres do Allo onde precisamente todos os domingos de agosto ás 19:30 horas teñen lugar as visitas guiadas teatralizadas da man dos Quinquilláns. O horario de apertura do pazo ata o 15 de setembro é de luns a domingo de 11 a 20 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios