Xoves. 14.11.2019
El tiempo

"Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza"

"Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza"
organizadores-premios-foucino Moitas caras coñecidas demostraron a súa habilidade co fouciño, a imaxe do certame Mentras Baio se prepara para converterse na capital do audiovisual galego e da música emerxente; falamos cos organizadores dos Premios Fouciño para que nos debullen o certame. Detrás de todo este traballo están caras coñecidas do audiovisual galego; como Mabel Montes - a rapaza do tempo da TVG -, Ismael Miñones, Víctor de Mira e todo o equipo da asociación cultural Adro de Baio.
  • QPC: Que son os Premios Fouciño?
Os Premios Fouciño é un certame de curtametraxes que vai pola súa segunda edición e co que se quere premiar os dotes técnicos, artísticos e creativos da cidadanía. O certame está organizado pola asociación cultural Adro de Baio coa colaboración do concello de Zas e de varios establecementos da vila como Elías Asesores, clínica Vértebra, parafarmacia Horizonte, Calzados Paco, entre outros. 
  • QPC: Como naceron?
Entre os anos 1995 e 1999, un grupo de rapaces e rapazas de Baio e da contorna gravan e proxectan o que sería a primeira curtametraxe da Costa da Morte. O título da obra era “Fouciño sanguento” e na producción participou un numeroso grupo de xente nova con inquietudes creativas e moitas ganas de experimentar nun medio que hoxe está a orde do día pero que na época era menos accesible. En homenaxe a esa iniciativa, a Asociación Cultural Adro deciciu celebrar un festival no que se premian as pezas máis orixiniais, co obxectivo de espertar entre a poboación esa inquietude pola creatividade audiovisual.
  • QPC: Ata cando está aberto o concurso?
O concurso está aberto ata o vindeiro 30 de xuño. Os interesados en participar aínda están a tempo de facer a súa curta que non debe superar os 5 minutos e debe ser en galego ou subtitulada. Na nosa páxina de Facebook pódense consultar as bases do concurso e tamén temos publicacións onde explicamos como se pode facer unha curta só día!. Ademais visitamos xa varios instutos da Costa da Morte onde tivemos a oportunidade de contarlle ao alumnado das ferramentas que teñan ao seu alcance para crear unha curta.
  • QPC: Cantas categorías hay e cales son os premios?
No concurso hai dúas categorías; unha aberta para o público en xeral e outra para o alumnado de centros de ensino de secundaria. En total repartiranse 800€ en premios; un de 500€ en metálico e trofeo para a categoría libre e outros de 300€ en bonos canxeables nos comercios de Baio e trofeo para a categoría de instututos. O público será o encargado de outorgar un trofeo á curta máis votada.
  • QPC: Onde se poden ver as curtas que concursan?
Varios bares de Baio proxectarán o vindeiro 8 de xullo pola tarde todas as curtas participantes no concurso así como algunhas outras cedidas para o certame. O público poderá votar pola súa curta favorita á que se lle entregará un trofeo. 
  • QPC: Cando se entregarán os premios?
Unha vez rematadas as visualizacións nos bares, o festival dos Premios Fouciño trasládase á praza do parque infantil de Baio. Alí terá lugar a entrega de premios que está prevista para as 23 horas e que estará acompañada dun festival de música no que participan varios grupos da zona. 
  • QPC: Entón, a música emerxente vai ser outro dos protagonistas do Premios Fouciño?
O festival comezará así que rematen as proxeccións nos bares. Ao redor das 21:30 horas, mozos e mozas da vila farán unha sesión de regueifas que lle dará paso ao concerto de Oîma. A continuación, terá lugar a entrega de premios á que asistirán caras moi coñecidas do audiovisual galego. A festa continúa coas actuacións de Leo I Arremecahona, Atrás Tigre, Monoulious DOP e os baises The Fakes. 
  • QPC: Que máis vai haber en Baio o 8 de xullo?
O certame comeza xa pola mañá con dúas actividades; unha para nenos e nenas e outra para o público en xeral. Así, ás 12 horas, haberá un obradoiro de cine coa modalidade Stop Motion á rapazada de entre 8 e 12 anos. E, por outra, varios expertos do mundo audiovisual - como Jorge Boquete (Porco Bravú), Carmen Rey (Numenius) Miki Martínez (Vychokos Entertainment) e representantes do programa [email protected] – participarán nunha mesa redonda para falar de como empregar a linguaxe audiovisual para falarlle ao mundo de universos persoais e locais.  Pola tarde, haberá as proxeccións das curtas nos bares da vila e pola noite será a entrega de premios acompañada dun festival de música.   

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios