Martes. 23.04.2024
El tiempo

De paseo polas estrelas do pico de Meda

De paseo polas estrelas do pico de Meda
Os participantes no roteiro nocturno de Senda Nova contemplaron os ultimos raios de sol dende o pico de Meda Os participantes no roteiro nocturno de Senda Nova contemplaron os últimos raios de sol dende o pico de Meda As estrelas, o aire, os cabalos salvaxes e a figura do lobo foron os protagonistas do roteiro nocturno que realizaron a pasada fin de semana unhas vinte persoas. Convocados pola asoaciación ecoloxista Senda Nova e con Evaristo - gran coñecedor da zona - como guía, a expedición partiu monte arriba para pasar parte da noite nunha das mellores balconadas da Costa da Morte: o pico de Meda. Un lugar a cabalo entre Zas e Coristanco dende o cal se contemplan as comarcas de Soneira, Bergantiños e do Xallas. "Adaptar a visión a un ceo completamente estrelado foi máis sinxelo nun lugar sen máis contaminación lumínica que as pequenas luces que, ao lonxe, marcaban as aldeas da Costa da Morte" contan algún dos participantes. Tras contemplar as distintas constelacións, o paso dos avións, algún que outro planeta e varias estrelas fugaces, os senderistas camiñaron cara o seu lugar de pernocta que estaba ubicado en san Roque do Monte, na parroquia zasense de Mira. Non faltaron as típicas historias nocturnas antes de durmir ao abrigo dos carballos que acompañan a fonte milagreira. Os sendeiristas pernoctaron na carballeira de san Roque do Monte Os sendeiristas pernoctaron na carballeira de san Roque do Monte Novas relacionadas Fonte  

Comentarios