Martes. 23.04.2024
El tiempo

Dorothé parou en Baio

 

Alejandro Gándara e Olaia Tubio levaron o docu Dorothé na Vila ao IES de Baio
Dorothé parou en Baio

Sorte ten sempre o alumnado do IES Maximino Romero de Lema coas actividades que organiza o equipo directivo. E sorte tiveron ca última visita desenvolta o pasado luns. Os carballeses Olaia Tubío e Alejandro Gándara presentaron a súa documental Dorothé na Vila, un tesouro audiovisual que recolle a historia da viaxe da musicóloga suíza Dorothé Schubarth ao seu paso por Galicia nos anos 40.

Aquel viaxe deparou a creación do “Cancioneiro Popular galego”, a maior compilación de músicas de tradición oral do país. Recuperando e sacando partido a toda unha historia singular, os carballeses estiveron dous anos percorreron os lugares que visitou Dorothé para descubrir o que queda dese mundo que ela recollera. Así foi como se encontraron con Victorina de Vilar de Parada, a muller que lideraba as “fouliadas” no seu lugar e que rexuveneceu cando lle puxeron unha pandeireta na man, ou coas netas de Castro, en Louzarela, que descoñecían que os seus avós cantaban ata que os autores do documental chegaron por alí. Contan tamén como na Paínza coñeceron a Jesusa, que lembra as súas cantigas con tanta claridade como hai corenta anos.

No documental Antón Santamarina, co-autor da recompilación, sinala como o traballo non tivo ningunha repercusión no seu momento, mesmo pasou inadvertido malia ser a Biblia dos Cancioneiros Galegos. Segundo el, Dorothé chegou xusto a tempo para que toda esa música tradicional non se perdese para sempre.

Sen dúbida, o alumnado baiés disfrutou e aprendeu a importancia de coidar o noso patrimonioin material e a nosa memoria.

Novas relacionadas

Comentarios