Venres. 29.03.2024
El tiempo

O empoderamento do alumnado, foco de creación cultural

Foliada do IES de Baio 2019
Imaxes da Foliada do IES de Baio 2019
O empoderamento do alumnado, foco de creación cultural

A completa xornada do luns 25N no IES de Baio foi só o cumiu dunha serie de actividades que demostran que o empoderamento do alumnado serve para a creación de cousas magníficas.

A semana previa foi un un perfecto exemplo de educación dialóxica, facendo das experiencias, dos proxectos desenvoltos nun 99% polo alumnado, verdadeiros exercicios de aprendizaxe vivencial. Unha demostración ademais de que no rural, o ensino está a un nivel de máxima esixencia.

Todo parte, como explica un dos mestres máis innovadores, e tradicionais ao mesmo tempo, de Galicia, Manolo Maseda, de “covertir o Centro educativo nun contedor cultural durante todo o ano, como parte da filosofía do proxecto educativo do centro”. Este primeiro trimestre tocaba traballar arredor do Día Internacional da Violencia de Xénero. E foron varias accións as que coparon toda a semana, dunha calidade espectacular.

”O disco, a curta, o premio, o encontro reguefeiro, o logo para os buses… Foron tantas cousas estes días que non fumos capaces de dixerir. Son fitos históricos, que temos que gardalos en audiovisual, e estamos traballando en colgados na web do centro, para que queden para o futuro”.

Encontro internacional de Regueifa

A semana comezaba cun singular encontro, arredor da regueifa e a improvisación oral, cunha expedición de Madeira. En Compostela xuntaron 350 rapaces, pero a idea de levalos a Baio foi espectacular. A imaxe que levaron os portugueses de Baio é para sacar peito, pois “a día de hoxe o centro xa fala só, as súas paredes falan soas, e os nosos rapaces son espectaculares. Os portugueses marcharon flipaos”, explica.

Un DiscoDisco ao Son delas

O disco Ao Son Delas foi premiado polas consellerías de Educación e de Cultura e Turismo. Un disco coas músicas de Guadi Galego, As Tanxugueiras, A Banda da Loba, Habelas Hainas e Ugia Pedreira, cinco das mellores voces do país, creado polo alumnado de "Artes Escénicas e Xestión Cultural" de 1º BACH, en colaboración co alumnado de “Imaxe e Son” e “Igualdade” de 2º BACH.

Veu unha expedicón da Xunta para facer o acto de presentación e todo, está deseñado por Alba Romero e conta cunha presentación regueifada de Lupe Blanco e Alba María,.

Autobuses en galego

O disco poderá escoitarse nos autobuses que transportan o alumnado ao instituto, que estarán rotulados nos próximos meses co lema “Ao son delas... quilómetros de igualdade”. Coa iniciativa colabora tamén a Asociación de Comerciantes Terra de Soneira, que distribuirá o traballo nos seus comercios e destinará os beneficios da venda a axudar a Lúa Awel, diagnosticada de microcefalia, atrofia cerebral e leucomalacia mulstiquística periventricular severa.

Ao Son delas-quilometros de igualdade-Bus escolar

Unha curta

Oalumnado da materia Imaxen e Son presentou ao resto do alumnado a curtametraxe que realizaron titulada “Bágoas de Resío”, que pon o foco na violencia de xénero entre adolescentes e que será presentada a un certame de curtas. Despois de ver o traballo final, o alumnado expuxo o proceso de elaboración, desde o guión, partes máis técnicas, storyboard,... e responderon ás preguntas dos compañeiros. Espectacular a profesionalidade coa que asumiron a "rolda de prensa".

A foliada

Un premio para toda a comunidade educativa foi a presencia na foliada do sábado de Luz Fandiño, que cumplía 88 anos. “Ela mesma sumouse a vir á foliada solidaria, porque se facía en Baio. Soltou a súa arenga feminista e marchou contentísima”, relata orgulloso Maseda.

Participaron, con presentación das regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, o dúo de Ameixeiras e Caamaño, o grupo Habelas hainas ou Laura Romero. As gravacións serán un tesouro para lembrar.

Seguinte parada: ”Ao son da regueifa”

”Ao son da Saúde”, “Ao Son do Rural” e “Ao Son Delas”, os proxectos destes pasados anos, son fiestras sobre as que aínda seguen traballando. Pero o futuro inmediato trata sobre o patrimonio inmaterial da comarca, entrelazando co patrimonio material, en colaboración dos colexios de Baio, mesturando regueifa con espazos físicos singulares como as Torres do Allo.

Así, o #Reguefeifando polos Pazos será unha das novas actividades ao longo do curso.

Formar docentes

Maseda, que xa ten líos en centros de todo o país, está encantado de ir repartindo coñecementos e experiencias. “Formar docentes, a clave é esa. Se das aí, van agromar cousas seguro”, explica.

Novas relacionadas

MÁIS NOVAS

Comentarios