Luns. 20.05.2019
El tiempo

Os comercios do Concello de Zas énchense de poemas para conmemorar o #8M

Poemas do 8M no Centro Sociocultural de Baio
Poemas do 8M no Centro Sociocultural de Baio
Os comercios do Concello de Zas énchense de poemas para conmemorar o #8M

“Amarte has, muller, o teu doce corpo, que así cho pediron, que así cho confío” é un dos moitos poemas que se poden ler estes días nos distintos locais comerciais, establecementos hostaleiros e edificios públicos do noso municipio. Esta iniciativa, que xurdiu do alumnado no CPI de Zas e que se puxo en marcha coa colaboración do Concello de Zas, é unha das actividades principais para conmemorar o Día da Muller que se celebra todos os 8 de marzo (declarado pola ONU no ano 1975).

Os poemas están escritos polos nenos e nenas do CPI de Zas e para facelo toman como base o “Cantar hei, Galicia”, e outros da obra de Rosalía de Castro, e que versionaron facendo referencia á figura da muller.  A estreita relación de Rosalía de Castro co feminismo así como a conmemoración do aniversario da nosa escritora máis universal, que tivo lugar o pasado 24 de febreiro, serviulles aos máis novos de inspiración. A iniciativa tivo unha moi boa acollida tanto entre os responsables dos diferentes establecementos comerciais así como da veciñanza.

Ademais desta actividade, o Concello de Zas, a través do Centro de Información á Muller, poñerá en marcha nos próximos días o proxecto “Axenda Escolar Contra as Violencias de Xénero” a través do cal se pretende implicar ao alumnado na resolución das desigualdades de xénero, de xeito que sexan os rapaces e rapazas os que asuman o protagonismo e actúen como axentes dinamizadores do cambio na sociedade.

Folga

Por outra parte, o goberno municipal de Zas apoia a folga/paro internacional de mulleres convocado para mañá, 8 de marzo, e anima a todos os veciños e veciñas a participar nas diferentes concentracións que terán lugar en distintos puntos da comarca e en cidades próximas. Estas son algunhas das convocatorias:

• 12:00 horas: Cee (Praza 8 de Marzo) • 20:00 horas: Carballo (Xulgados) • 20:30 horas: Vimianzo (Praza do Concello) • 19:30 horas: A Coruña (saída do Obelisco) • 20:00 horas: Santiago de Compostela

Entrevistas 8M

Artigos 8M

Novas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios