Venres. 29.03.2024
El tiempo

Familias e Concello abren unha recollida de firmas para recuperar un servizo de pediatría digno

Familias e Concello abren unha recollida de firmas para recuperar un servizo de pediatría digno
reunion-pediatria-Zas1 Imaxe da reunión das familias de Zas co alcalde sobre o servizo de pediatría

A  redución de 35 a 15 horas de servizo de pediatría no centro de saúde de Zas (o especialista só atende de 12:00 e as 15:00h provocando que os usuarios teñan que acodir demasiado a Urxencias) está xerando un claro rexeitamento entre as familias do municipio xalleiro. Tralas numerosas queixas de pais e nais, e as queixas do Concello á Xunta, este pasado venres grupo de goberno e familias afectadas relizaban unha xuntanza.

Unha reunión na que se aprobou a posta en marcha dunha campaña de recollida de firmas co propósito de recuperar as 35 horas semanais de atención pediátrica que se repartíán entre os centros de saúde de Zas e de Baio.

”É unha prioridade”, asegura o alcalde Lolo Muíño, polo que nos sumamos á indignación das familias afectadas e iniciamos xunto con elas unha serie de accións para non perder os nosos dereitos”.

A campaña de recollida de firmas está aberta a toda a veciñanza que poderá sumarse á petición estampando a súa rúbrica nas follas que pode atopar na Casa do Concello de Zas. Ademais na reunión de onte, o Alcalde de Zas comprometeuse solicitar unha entrevista co Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia – Jesús Vázquez Almuiña – á que asistiría cun grupo de representantes das familias afectadas co fin de expoñerlle ao responsable na materia as deficiencias sanitarias que sofre a veciñanza de Zas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-sergas-reduce-de-35-a-15-horas-semanais-o-servizo-de-pediatria-en-zas/

Fonte

Comentarios