Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Fuga de escaparates en Baio

Fuga de escaparates en Baio
Roupa de nenos nunha drogueria de Baio A Fuga de Escaparates de Baio trae cousas tan estranas como roupa de nenos no escaparate dunha drogueria de Baio Un maniqui con roupa no escaparate dunha tenda de electrodomesticos en Baio Un maniquí con roupa no escaparate dunha tenda de electrodomésticos de Baio O comercio, hostalaría e sector servizos de Baio vólvense a unir. Fantásticas son estas propostas conxuntas, como esas fins de semana de Punto Rojo ou aquela crúa campaña sobre a importancia do comercio local. Desta volta, e dende hoxe mércores 31 ao 12 de novembro, a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira quere darlle un pouco motivación ao comercio pequeno neste complicado mes de novembro. E faino coa chamada “Fuga de Escaparates”, a través do cal se mesturan produtos nos escaparates das tendas, para chamar a atención da xente e que clientes habituais duns establecimentos poidan ver que hai noutros que non coñecen tanto. Os comerciantes da zona recomendan ver e presenciar, pois non terá desperdicio algún, e poderase atopar o “nunca visto”. De feito, durante estes días poderemos ver lavadoras nos escaparates de clínicas de fisioterapia, roupa en tendas de mobles, zapatas en tendas de nenos, rouba de nenos nas droguerías… Ademais, coa “Fuga de Agasallos”, as compras nos locales participantes terán premio.

Máis citas

Así mesmo, durante a fin de semana dos días 9, 10 e 11 de novembro, poderase degustar pinchos de outono gratis a cargo da hostalaría. Pero non remata aí a cousa, xa que o día 10 de novembro a partires das 17:00 horas, na zona Praza das Guindas os máis cativos, terán un concurso de disfraces, karaoke, manualidades, música etc… E haberá moitas castañas, xa que estamos no magosto, e bolos preñados. Por todo esto e máis “magosto e samaín en Baio”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-ofertas-e-as-tapas-do-punto-rojo-encheron-baio/ https://quepasanacosta.gal/a-costa-da-morte-bota-o-pecha-o-1-de-maio-a-prol-do-comercio-local/

Comentarios