Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Investigan un vertido no río Grande

Investigan un vertido no río Grande
vertido-rio-grande-baio O río Grande, ao seu paso por Baio, apareceu esta tarde tinguido de gris. Imaxe: cedida Unha parte do cauce do río Grande, ao seu paso por Baio, apareceu esta tarde tinguido de gris. Ao parecer trátase dun vertido de cemento aínda que, polo momento, se descoñece a súa orixe. Os feitos xa están en coñecemento do Seprona - Servizo de Protección da Natureza - que xa realizou as pertinentes catas co fin de coñecer de onde procede o vertido. Tamén se descoñece o impacto ambiental que pode ter este vertido sobre un río acotado para a pesca de troita.

Purín en Salto

Esta mesma semana, a Garda Civil informou de que estaba investigando a persoas despois de que o pasado 10 de xuño detectasen un importante vertido de purín ao río Ameixal, ao seu paso pola parroquia vimiancesa de Salto. Os axentes puideron comprobar que un tubo vertía directamente un líquido amarillento cara o río. Despois das probas pertinentes, comprobaron que a contaminación das augas era de máis de 2.00 veces do permitido pola lexislación vixente. As comprobacións levaron a imputar en calidade de investigados aos tres propietarios da granxa. Fonte

Comentarios