Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lolo Muíño pídelle, por carta, a Escotet que revoque o peche das sucursais do rural

Carta a escotet de Lolo Muino
Lolo Muíño pídelle, por carta, a Escotet que revoque o peche das sucursais do rural

Non lle recibe o presidente de Abanca, pero o alcalde de Zas non desiste. Muíño vén de enviar unha carta ao Presidente de Abanca, para intentar convencelo de que revoque a decisión dos peches de oficinas no rural.

Na misiva, entregada o pasado 3 de setembro a un directivo da entidade e da que aínda non obtivo resposta, o rexedor Muíño informa a Juan Carlos Escotet das consecuencias que supón este peche para unhas vilas como Zas, Baíñas ou A Baña. “Unha oficina como a de ABANCA nunha vila pequena, na nosa capital municipal, non é só unha actividade comercial máis. É unha peza moi importante dentro da economía local, achega moitos máis servizos engadidos que a propia actividade comercial”, comeza.

“Pasaron xa 15 días dende que lle entreguei a carta a un directivo da súa entidade. Entendo que é tempo suficiente para que a recibise e para que tivera a ocasión de revocar a súa decisión de pechar máis oficinas no rural. Quixen darlle un marxe de tempo antes de facela pública”, sinala Muíño. A carta apela tamén á emigración, un tema que coñece Escotet xa que é fillo de emigrantes e el mesmo tamén o foi, e expón que a perda de servizos no rural e do motor económico que supón a oficina de ABANCA condenará, a curto prazo, a moitos mozos e mozas a emigrar.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios